O Tanatorio municipal comezará a funcionar a mediados de mes

    salomepena copia.jpg RIBADUMIA> O día 18 será a inauguración oficial, pero antes, o 10, organizarase unha xornada de portas abertas para as funerarias.

    A falta de que a empresa adxudicataria das obras remate coa instalación do equipamento e o mobiliario, o concello de Ribadumia fixou xa para o día 18 deste mes o acto inaugural do Tanatorio municipal. Trátase dun servizo moi agardado tanto por veciños coma polo goberno local, de aí que a alcaldesa Salomé Pela non dubide en amosa a súa ‘plena satisfacción’ ante a inminente posta en marcha das instalacións. Segundo a rexedora, trátase dun servizo ‘acorde cos tempos nos que vivimos e nos que temos outra concepción do onde e como pasar estes momentos de dor’.

    O Tanatorio está situado nunha parcela de 2.007 metros cadrados cedida polo Arcebispado de Santiago e comunicada co igrexario e reitoral de Santa Eulalia, o cemiterio e a estrada que vai de Ribadumia a Pontearnelas.

    O edificio conta con dúas salas velatorias, cabinas de tanatopraxia e tanatoestética, vestiario, oficina, dúas habitacións de exposición con vestíbulo de acceso, recepción, zona pública e aseos.

    O día 18 deste mes procederase á inauguración oficial do recinto, pero antes, o día 10, está convocada unha xornada de portas abertas para que as empresas funerarias coñezan as características do espazo.

    O funcionamento do Tanatorio estará regulado por u nha normativa específica aprobada xa polo pleno da corporación, ó igual que a ordenanza fiscal que reglará a taxa a abonar polo servizo.

    Redacción Salnés