Un incendio obriga a desaloxar a traballadores e veciños de Congalsa

    incendiocongalsa1000.jpgRIBEIRA> Unha das fábricas de Congalsa rexistrou este luns un incendio. Ao parecer o lume orixinouse na sala de máquinas logo dunha forte explosión.

    {flowplayer}barbanza/incendiocongalsa.flv{/flowplayer}

    Eran pouco máis das doce do mediodía cando un particular alertaba, a través do teléfono de emerxencias, de que se acababa de rexistrar unha forte explosión na fábrica que a empresa de conxelados, Congalsa, ten en Ribeira. Pouco despois, outra chamada, avisaba de que nunha das naves que conforman a instalación se estaba a rexistrar un incendio.

    Ao parecer o lume orixinouse na estrutura de cemento que contén a sala de máquina e dous depósitos de gasolina, de aí o estoupido, e de onde se estendeu ao resto das inmediacións sen chegar a afectar a estrutura restante máis que co fume da deflagración.

    Sen feridos

    Para sorte dos empregados, non se rexistrou ningún ferido porque a evacuación foi inmediata e porque os efectivos contraincendios conseguiron dominan as lapas ao pouco de iniciárense.

    Aínda así, traballadores e veciños seguían aínda co susto no corpo despois de seren desaloxados. Malia que ningunha vivenda rexistrou danos materiais, todo o núcleo que rodea a factoría quedou sen luz durante varias horas por mor da explosión.

    Ás tres da tarde os bombeiros de Ribeira deron por extinguido o lume e mandaron dar volta as motobombas de Noia, Dodro e Porto do Son que se solicitaran. Ademais ata o lugar do accidente mobilizáronse, unha ambulancia, a policía local, á policía nacional, aos bombeiros de Boiro e aos Grupos de Intervención Rápida de Ribeira; así como persoal especializado da consellería de Medio Ambiente e de Augas de Galicia.

    Redacción Barbanza