Comeza o xuízo pola morte do vilagarcián Manuel Abalo

    xuizomanuelcopy.jpgVILAGARCÍA> Na vista declararán, entre outras testemuñas, amigos do falecido e os mozos que viaxaban no vehículo do acusado.

    {flowplayer}images/salnes/PREVIA_XUIZO_MANUEL_ABALO.flv{/flowplayer}

    Comeza no Xulgado do Penal número un de Pontevedra o xuízo pola morte do mozo vilagarcián Manuel Abalo, tras ser atropelado nun paso de peóns na Avenida da Mariña, en maio de 2008.

    A vista oral está fixada para as nove e media da mañá. Un momento agardado, despois de xa tres anos, tanto pola familia coma polos amigos de Manuel Abalo, tal e coma nolo relataba esta tarde un dos seus compañeiros.

    O fiscal solicitará para o acusado, Pablo Bouzas, tamén coñecido coma ‘Casti’, unha pena de catro anos de cárcere, mentres que, o avogado da familia demandará unha pena de doce anos e sete meses de prisión ó considerar que houbo homicidio doloroso.

    Na vista prestarán declaración amigos do falecido que o acompañaban no momento do sinistro. Tamén testificarán os dous mozos que viaxaban no A 4 conducido por Pablo Bouzas así coma outras testemuñas que se atopaban no lugar. A familia agarda, cando menos, que se faga xustiza.

    Os feitos ocorreron hai xa tres anos cando Bouzas regresaba da movida cambadesa no seu vehículo pola avenida da Mariña. Nese instante, Manuel Abalo cruzaba por un paso de peóns, o que non evitou que fora arrolado polo Audi A 4 que nese instante se deu á fuga.

    Redacción Salnés