BOIRO> Os ladróns accederon ó interior da igrexa de San Andrés de Cures despois de forzar a pechadura e rebentar a porta lateral do templo.
Anteriormente xa o intentaran pola porta principal e por unha fiestra, pero o seu reducido tamaño e a altura á que se atopaba, fíxolles cambiar de idea.
Unha vez no interior do templo, despois de rebuscar e revolver por diferentes estancias, entre elas a sancristía, lograron facerse con seis cadeas de ouro e unha medalla que adornaban as Virxes das Dolores, a do Carme e a Santa Rita
Segundo nos contou o propio párroco este non é o primeiro roubo que se produce nesta igrexa. E, segundo el, polo ‘modus operandi’, parece que detrás del están as mesmas persoas.
A Garda Civil xa iniciou unha investigación para dar co paradoiro do posible autor ou autores dos feitos. O valor dos obxectos roubados e os danos causados podería rolar os dez mil euros.











