Prohibido cantar na rúa ou tender roupa nas fachadas das casas

    ordenanzagrove2 copia.jpg O GROVE> Así se recolle nunha ordenanza municipal que regula o comportamento dos veciños no espazo público. As multas poderían ser de ata 1.500 euros.

    {flowplayer}images/salnes/ORDENANZA_GROVE.flv{/flowplayer}

    Coa nova ordenanza queda prohibido cantar na rúa, escribir declaracións de amor nas árbores, sacudir as alfombras ou sabas á vía pública ou bañarse nas fontes. Ademais establécense horarios para ter animais domésticos nas terrazas ou para regar as prantas dos balcóns.

    As sancións, despois dun primeiro aviso, abarcarán dende os 300 ata os 1500 euros. Por exemplo, limpar os cristais dos establecementos máis tarde das 11 da mañá, suporá unha multa de 300 euros . A utilización de mobiliario urbano para as actividades dos skaters será considerado unha falta grave, punible con 600 euros.

    Redacción Salnés