![]()
ILLA> Con lemas coma este, pais, alumnos e profesores do IES da Illa reclamaron á Xunta máis docentes e máis aulas.
{flowplayer}images/salnes/PROTESTA_PAIS_ILLA_SETEMBRO_2011.flv{/flowplayer}
Esta mañá decenas de pais, alumnos e profesores do Instituto de A Illa de Arousa iniciaron o curso escolar antes da data oficial en sinal de protesta. A través de lemas como ‘As escoliñas non son sardiñas’ demandan á Xunta máis aulas e máis docentes.
Coma se se tratase do primeiro día de clase, os preto de 180 alumnos deste centro de secundaria, apoiados polos seus pais e profesores, iniciaron o curso no patio do instituto. Pincel nunha man e pintura noutra deseñaron pequenas pancartas pero con grandes mensaxes.
E é que tal e coma recoñecen tanto pais coma profesores, as deficiencias seguen a ser as mesmas ano tras ano. O centro quédase pequeno e precisan obras estruturais no edificio e máis docentes que atendan toda a oferta educativo. Pero tal e coma nos comentaba o problema ven de lonxe.
No marco das súas reivindicacións á Xunta, esta mañá recibiron unha convocatoria para reunirse o vindeiro día 14 co xefe territorial de Educación.
Redacción Salnés






