Vilagarcía aposta polo emprendemento

    VILAGARCÍA> O programa ‘Emprende VGA’ volve a Vilagarcía. Tralo éxito da edición do ano pasado, o concello decidiu repetir esta iniciativa, destinada aos emprendedores con ideas. A intención é darlles os coñecementos e as ferramentas para canalizalas, con cursos de formación de diferentes eidos. Ademais, 15 proxectos seleccionados beneficiaranse dunha semana de traballo con mentores.

     

    Vilagarcía volve apostar polo emprendemento. O concello e o Dalle q Dalle Coworking porán en marcha unha nova edición do programa “Emprende VGA”, apostando pola innovación e poñendo en valor as ideas das persoas que escollen o emprendemento para afrontar a situación económica.

    Monográficos, xornadas, workshops, cápsulas. Diferentes formatos para formarse en campos moi variados, centrándose na innovación, a comunicación, a motivación e as novas tecnoloxías: deseño de proxectos, mellora do liderado, mellora do posicionamento web, xestión de negocios ou redes sociais. Tamén repiten a semana de mentorización.

    En total, serán 23 xornadas formativas que se celebrarán nos tres vindeiros meses, comezando a finais deste mesmo. As inscrición poderán facerse a partires do luns na web www.emprendevga.com. Cada curso conta con 25 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/coworking_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/coworking_villa.mp4{/flowplayer}