A toxina deixa as prazas sen ameixas nin mexillóns

    prazamarisco copia.jpg SALNÉS> A lonxa da Illa leva tres días subastando só nécoras, camaróns e navallas por mor da marea vermella.

    {flowplayer}images/salnes/ESCASEZA_MARISCO_MAREA_VERMELLA.flv{/flowplayer}

    Practicamente sen mexillóns, ameixas e berberechos. Así abriron nesta xornada as prazas do Salnés por mor desta toxina diarréica.Unha das lonxas máis afectadas é a da Illa de Arousa, onde soamente subastaron nécoras, camaróns e navallas durante tres días. Hoxe, a praza de Cambados estaba practicamente vacía, con moi pouco mexillón e case nada de ameixa.

    A pesares da clausura das zonas marisqueras e da previsión de máis peches de bateas, os expertos recordan que a marea vermella é un proceso normal e que non hai perigo no marisco que chega ó mercado polas canles habituais. As vendedoras recalcan a importancia de mercar produtos etiquetados.

    Os produtores de mexillón temen que a toxina paralice en breves por completo a súa actividade coas consecuentes perdas económicas. Ademais, a marea vermella poderá causar unha falta de abastecemento importante de bivalvos galegos no comercio exterior.

    Redacción Salnés