Aplicará Vilanova o artigo 155 á Illa de Arousa durante o Momo?

VILANOVA> Conta atrás para a celebración do Momo, en Vilanova, o vindeiro domingo. Na edición deste ano participará o actor e humorista Xosé Antonio Touriñán.

A celebración do Momo este ano vén marcada pola posible aplicación do artigo 155 á Illa de Arousa por parte do concello vilanovés. Os rexedores de ambos municipios participaron nun vídeo en clave de humor para promociona-la festa.