![]()
POIO> Ademais, coma consecuencia do impacto, a acompañante do condutor resultou ferida. Todo aconteceu na avenida da Toxa, en Raxó.
{flowplayer}images/salnes/CHOQUE_CASA_POIO.flv{/flowplayer}
Un ferido leve. Este foi o resultado do aparatoso accidente que se produciu esta madrugada na avenida da Toxa, en Raxó, no concello de Poio. Pero peor sorte levou a vivenda contra a que impactou o turismo xa que parte dela tivo que ser apuntalada polo persoal do concello por risco de derrube.
Sorprendidos e atemorizados espetáronse os propietarios desta vivenda situada no número 47 da avenida da Toxa e vían como a entrada do seu inmoble estaba en anacos coma consencuencia do impacto dun Audi A4 contra ela.
Segundo informaron estes veciños os dous ocupantes do vehículos circulaban en dirección Pontevedra- O Grove. Segundo a primeira hipótese, o exceso de velocidade puido selo causante deste desenlace.
Estes veciños confesaron que non é a primeira vez que un turismo se empotra contra a súa propiedade. Por iso, piden ás autoridades que lles dean unha solución.
O condutor do A4 saliu ileso e a acompañante resultou ferida leve. No interior da vivenda atopábanse a propietaria do inmoble, dous dos seus tres fillos e a súa nora.
Redacción Salnés








