O concello de Cambados aluga un terreo para convertelo nun aparcadoiro

CAMBADOS> En vista ao traslado do novo mercadillo, o concello de Cambados aluga unha parcela na Rúa Nova para convertela nun aparcadoiro. A zona de estacionamento dará cabida a 50 vehículos. O alugamento terá un custo de 2 mil euros anuais.

O concello de Cambados prepárase para o traslado do seu mercadillo ambulante. Os postos que actualmente se atopan no paseo marítimo pasarán agora á rúa hospital e as súas adxacentes como a rúa nova. Para favorecer o aumento de clientes, nesta mesma rúa, o goberno municipal acaba de alugar un terreo que converterá nun aparcadoiro.

Os traballos para preparar o terreo comezarán nos próximos días e agárdase que estean rematados antes do nadal.

Dende o concello agardan que os traslado se dea antes do verán. O novo aparcadoiro será o primeiro paso.

O novo aparcadoiro conta co visto bo dos comerciantes da vila.

O concello e Cambados Zona Centro teñen asinado un convenio que renovan acada ano polo cal o concello asume un aluguer de 4 mil euros dunha parcela na avenida do Salnes. Agora asinarase un novo que inclúa o aluguer deste novo aparcadoiro por dous mil euros máis ao ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí