Volven as clases e os madrugóns para os cativos de primaria

    voltacole copia.jpg SALNÉS> Preto de 200.000 escolares galegos de entre 3 e 12 anos comezaron hoxe o curso escolar. Deles, máis de 8.000 fixérono en colexios do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/COMEZA_ESCOLA_2011.flv{/flowplayer}
     
    Esta mañá arrancou un novo curso escolar de infantil e primaria, desta volta, marcado polos recortes e a ampliación do horario lectivo. No CEIP Isidora Riestra de Poio, un dos centros nos que estivemos hoxe, máis de 300 cativos regresaron ás aulas con total normalidade. Non todos tiñan gañas de comezar. No que si coincidiron foi en que o mellor da volta ó colexio é compartir pupitre, un ano máis, cos mesmos compañeiros.
     
    E neste inicio do curso non faltou a visita do alcalde, Luciano Sobral, e da edil de Educación, Alicia Martínez. O rexedor local aproveitou a ocasión para informar que xa están en negociacións coa Xunta para renovalos convenios de cara a melloralas cubertas dalgún dos cinco centros do municipio.
     
    Redacción Salnés