Varela pide á Dirección Xeral de Costas un paseo marítimo e un carril-bici para Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Mañá o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, reunirase co subdirector xeral de costas nunha entrevista en Madrid na que demandará a súa axuda nunha serie de accións que queren levar a cabo. Entre as mesmas encóntrase a mellora do paseo marítimo e a creación dun carril-bici.

     

    Hoxe Alberto Varela se reunía coa Xefa Provincial de Costas, Cristina de Paz, como antesala á entrevista que terá mañá en Madrid co Subdirector Xeral de Costas para facerlle chegar as súas demandas con respecto ao Concello de Vilagarcía.

    Tamén hoxe remataban as obras de aporte de area na praia do Preguntoiro de Vilaxoán e acompañado dos edís de Urbanismo e Medio Ambiente o alcalde de Vilagarcía puido comprobar o resultado final dos traballos de rexeneración.

    O aporte de 6.625 metros cúbicos de area cun custe de 112.000 euros que asume integramente a Dirección Xeral de Costas recuperará o nivel do areal que perdera terreo polos temporais dos últimos invernos e servirá para ampliar a zona desta praia de bandeira azul que coa marea alta apenas deixaba espazo para os bañistas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/19/reunion_costas_varela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/19/reunion_costas_varela.mp4{/flowplayer}