Cores Tourís clausura as cuadrillas contra incendios do Ulla-Umia

    PORTAS> O delegado da Xunta en Pontevedra visitou o concello de Portas. Alí clausurouse o contrato das cuadrillas que loitaron conta o lume durante esta última temporada estival. Unha subvención que permitiu empregar a 40 persoas e loitar de xeito máis eficaz e rápido contra os incendios. No acto deste mañá, celebrado na casa consistorial do concello de Portas, participaron o alcalde Roberto Vázquez, así como os seus homólogos en Caldas, Cuntis e Moraña. Estes catro concellos pertencentes á mancomunidade do Ulla-Umia, víronse beneficiados por esta subvención de 217.000 euros que permitíu, coa colaboración dos concellos, empregar a 40 persoas durante os últimos tres meses, para combater os incendios. En total foron máis de 1.300 as actuacións deste grupo de persoas, a metade delas fora da súa demarcación. Cores Tourís agradeceulles o traballo realizado e deixou a porta aberta á continuidade deste servizo para vindeiros anos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/28/cuadrilla600_281013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/28/cuadrilla_281013.mp4{/flowplayer}