O vial de acceso ao porto seguirá pechado por risco de desprendementos

    VILAGARCÍA> Vilagarcía estuda que decisións tomar sobre o vial de acceso ao Porto tralo desprendemento do sábado. Despois de que o alcalde de Vilanova decidira abrir a estrada onte pola mañá, o goberno local vilagarcián volveu pechala pola tarde. E é que segundo o seu rexedor, os estudos confirman o risco de máis desprendementos e aconsellan manter a vía pechada.

     

    O vial de acceso ao Porto continuará pechado. Así o confirmou o alcalde de Vilagarcía. Segundo Alberto Varela, esta mañá o edil de obras, e unha empresa especializada visitaron a estrada, e comprobaron que aínda existen riscos de desprendementos.

    Para Varela, optar pola prudencia é a mellor opción e lamentou as molestias que poida provocar o corte deste vial, que permite o acceso dos veciños de Baión ao Hospital do Salnés.

    Coa súa decisión de volver pechar o vial, titularidade do Ministerio de Fomento, Vilagarcía contradixo a determinación que onte pola mañá tomara o concello de Vilanova. Tras retirar a pedra, optaron por abrir a estrada. Esa mesma tarde, o executivo vilagarcián decidía o seu peche.

    A pedra que provocou esta situación caeu no medio da estrada o pasado sábado, tralas fortes chuvias que se rexistraron na zona. Nese momento non circulaba ningún coche, polo que non produciu danos persoais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/25/vial_baion_hospital_salnes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/25/vial_baion_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}