Barrantes tínguese de tinto

    RIBADUMIA> Ribadumia xa está metida de cheo na súa festa grande. Dende hoxe e ata o domingo, Barrantes está paralizado para acoller a festa do seu Viño Tinto, que nesta cuadraxésimo segunda edición ten un reto importante: vencer ao mal tempo.

     

    Dende este mediodía, todas a miradas diríxense ao tinto.

    Ribadumia réndese un ano máis ante o seu produto estrela, e Barrantes paralízase para acoller a Festa do seu viño.

    Xa se cumpren corenta e dous anos dende a primeira edición, pero a Festa do Viño Tinto do Salnés sempre volve con enerxías renovadas. 

    E aínda que este ano o tempo non ven a favor, o tinto de Barrantes é un bo reclamo.

    Esta noite a festa seguirá con Treixadura e as orquestras Palladium e Cinema. O humorista Carlos Blanco lerá o pregón mañá na Carballeira de Barrantes, onde se nomearán os novos Valedores do Tinto os que onte se sumou o cociñeiro Pepe Solla. Tampouco faltarán á cita os produtores: dende este mediodía e ata fin de festa, 13 stands ofrecen ao público o mellor das súas adegas: a 1.50 a cunca, 4 euros a botella.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/inauguracion_tinto_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/06/inauguracion_tinto_salnes.mp4{/flowplayer}