O deporte, a música e a gastronomía levan a arredor de 3 mil persoas a gozar do domingo en Ribadumia

RIBADUMIA> Ribadumia gozou o domingo dun día completo de actividades deportivas e culturais. Nun espazo de apenas un quilómetro, os ribadumienses, e os que se achegaron á vila, puideron gozar do V mini BTT e da romaría da música na Carballeira.

Ribadumia gozou este domingo dun día completo con actividades deportivas e culturais. Dende primeira hora da mañá deu comezo a V mini BTT. Unha competición na que participaron preto de 400 ciclistas de entre 4 e 14 anos. Dende o concello poñen en valor o traballo realizado polo club ciclista Ribadumia, especialmente pola súa aportación a fomentar o deporte entre os máis pequenos.

A gozar da proba asistiron máis de 2000 persoas, o que supón un polo importante para a os negocios de Ribadumia.

Dende o concello sinalan que o deporte é clave para axudar a promocionar a vila.

Precisamente, trala mini BTT tamén se celebraba na vila a Romaría da Música. Un evento organizado na Carballeira ao que asistiron decenas de persoas para gozar dun día de gastronomía e música popular.  

Ao longo do día foron preto de 3 mil persoas as que gozaron na vila dos diferentes eventos. Unha xornada que mostra a importancia do deporte e a cultura na vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí