
{flowplayer}images/salnes/VISITA_AMBULATORIO_MEANO.flv{/flowplayer}
Co novo despacho, O centro de saúde pasa de tres a catro a catro consultas de atención primaria. Para a ampliación, o concello cedeu un espazo do centro de maiores, situado a carón do ambulatorio. O obxectivo das novas instalacións é facer fronte ás demandas dos traballadores sanitarios e ás necesidades dos pacientes.
Esta actuación tamén pretende incrementar o número de inscritos a este centro. Polo de agora, 3.000 dos 5.000 habitantes que ten o Concello de Meaño. O Xerente de Atención Primaria de Pontevedra, agradeceu o investimento realizado .
Do orzamento total da Xunta, 6.000 euros destináronse á ampliación de infraestructuras e 2.000, á dotación de mobiliario e equipos informáticos. Cores Tourís visitará nestes días outras actuacións de mellora en centros sanitarios da provincia de Pontevedra levadas a cabo pola Xunta.
Redacción Salnés