O viaduto do AVE sobre o Ulla quedará rematado este ano

    CATOIRA> Este 2015 promete acurtar os traxectos en tren entre Vigo e A Coruña. Estímase que ambas cidades estarán unidas nunha hora e dez minutos, e Pontevedra e Santiago en apenas media hora. Uns recortes que serán posibles coa inauguración do viaduto do AVE sobre o Ulla, que estará listo a mediados deste ano.

     

    Xa hai uns meses que as provincias de Coruña e Pontevedra están unidas sobrevoando o río Ulla a 60 metros sobre a auga. A responsable é unha ponte de 1.620 metros de lonxitude; a máis longa de Europa de celosía metálica.

    No 2011, o viaduto foi considerado a mellor obra de enxeñería civil en Galicia. Asenta nas augas do Ulla cun deseño de tres piares de formigón, cun espazo entre as dúas columnas centrais de 240 metros que supón un récord mundial neste tipo de infraestruturas.

    As obras remataban o 2014 colocando as últimas pezas de cor verde tras máis de seis anos de traballos; o dobre do que estaba planeado. Un paso máis cara o obxectivo final: que a ponte estea lista para soster o paso dos trens de alta velocidade, que permitirán recortar as viaxes entre as cidades do Eixo Atlántico do AVE. Calcúlase que as instalacións técnicas estarán rematadas a mediados de ano, deixando a Vigo e A Coruña a hora e dez minutos de viaxe en tren, e a Pontevedra e Santiago en media hora escasa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/09/ponte_ave.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/09/ponte_ave.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí