Durán reta a Ana Pontón a rachar os pactos co PSOE para baixar os prezos da AP – 9

VILANOVA> O concello de Vilanova aproba unha moción para solicitarlle a Ana Pontón que apreme ao PSOE para baixar as peaxes da AP – 9. Dende a formación de Gonzalo Durán consideran que a mellor presión para os socialistas sería deixar de apoialos en todos os concellos galegos. Os populares consideran que a formación nacionalista é a muleta tonta do PSdeG.

O goberno de Vilanova toma medidas para loitar pola baixada das peaxes da AP9. O concello aprobou en pleno unha moción para solicitarlle a Ana Pontón que apreme ao PSOE para que cumpra o acordo que acadaran ambas formación de esquerdas. Durán considera que o PSOE cedería se o BNG négalle os pactos de goberno nos concellos galegos.

Durán pídelle a Pontón deixe de ser a muleta do Partido Socialista.

O dirixente vilanovés criticou que a líder do BNG presumise dun acordo que o PSOE non cumpriu.

A proposta foi aprobada polos votos a favor do grupo de goberno. Dende o partido popular de Vilanova defenden esta moción polos intereses das súas empresas, xa que moitas vense prexudicadas pola subida das peaxes da autoestrada.