“É viable traer aquí os Xogos, unha oportunidade única”

 SALNÉS> A Federación Comarcal de Empresarios da Arosa vai propoñer que as Rías Baixas sexan subsé olímpica baixo o amparo da candidatura que presenta Madrid para albergar os Xogos de 2020. O presidente da Feca, José Luís Vilanova, que insta a políticos e axentes sociais da comarca que promovan esta candidatura.

{flowplayer}images/salnes/XXOOFeca_020413.flv{/flowplayer} 

De boca de Jose Luís Vilanova, presidente da Feca, a proposta non pode ser máis crible e beneficiosa para Galicia. Dende tódolos puntos de vista, en especial de promoción turística e económica, tanto da costa galega, do seu clima estival, das súas bondades gastronómicas ou dos seus viños. As Rías Baixas organizarían as probas de deportes náuticos, como a vela ou o piragüismo. Dende a Feca consideran que se trata dunha gran oportunidade e que se podería contar con apoios políticos e sociais importantes.

E apoios de deportistas de éxito internacional na vela e no piragüismo como David Cal, Fernando Echavarri, Támara Echegoyen ou Antón Paz. O Comité Olímpico Internacional xa está a avaliar as propostas realizadas polas tres cidades que potan a organizar os Xogos: Tokyo, Estambul e a propia Madrid, que contaría con Valencia como sé dos deportes náuticos. Con todo, José Luís Vilanova, cre que a candidatura das Rías Baixas aínda tería a súa oportunidade de entrar no proxecto. 

Para formar parte do mesmo é indispensable contar co maior número de apoios, que dende a Feca xa comezaron a recabar.

Saia adiante este proxecto ou non, o certo é que convida a soñar. O que era impensable hai uns días non estaría tan lonxe da realidade agora: traer uns Xogos Olímpicos ás Rías Baixas.

Redacción Salnés