![]()
VILAGARCÍA> Estas eran as palabras do pai do vilagarcián Manuel Abalo tras coñecela sentenza do xuízo que se celebrou a semana pasada.
{flowplayer}images/salnes/SENTENZA_MANUEL_ABALO.flv{/flowplayer}
Tres ano e seis meses de cárcere é a condena que terá que cumprir Pablo Bouzas, acusado do atropelo mortal do vilagarcián Manuel Abalo. Unha condena, segundo a familia, insuficiente. O pai do falecido confesou sentirse indignado xa que asegurou que esta mañá o avogado o informou que renunciara á acusación de delito de omisión do deber de socorro, o que lamentou xogou a favor da defensa.
O xuíz do Penal de Pontevedra, Juan José Trashorras, comunicaba onte ás partes o resultado da sentenza. Pablo Bouzas, tamén coñecido coma ‘El Casti’, cumprirá tres anos e seis meses de cárcere por un delito de homicidio imprudente e condución temeraria. Tamén será condenado a cinco anos sen permiso de conducir e pagará dous terzos das costas procesais. Absólvese do delito de omisión do deber de socorro tras renunciala acusación en definitivas.
E é que a sentenza de tres anos e medio de cárcere, non dista moito da pena de catro anos que solicitaba a fiscalía pero si da demandada pola acusación particular de doce anos de prisión.
Tralos últimos acontecementos, Manuel Abalo confesou que aínda non decidiron se van recorrela sentenza e sen van cambiar de avogado.
Redacción Salnés








