Rapaces con diversidade funcional practican vela no Club Náutico Ribeira

    velaparatodos_100_200707.jpgRIBEIRA > O Club Náutico acolleru a formalización do convenio entre a Xunta e AMBAR e COGAMI para a posta en marcha do programa ‘Vela para todos’ .

    Os participantes no programa ‘Vela para todos’ levan xa dúas semanas practicando a navegación en augas ribeiresas. A realización deste curso, encamiñado a facilitar o acceso das persoas con diversidade funcional ós deportes en igualdade de condicións, é posible grazas á colaboración de diversas entidades.

    A iniciativa foi promovida polas asociacións AMBAR e COGAMI, co fin de aproveitar as condicións que ofrece a ría de Arousa para a práctica da vela, ó mesmo tempo que se inicia ás persoas con diversidade funcional neste deporte. Ata o momento, a experiencia non pode ser máis positiva para os participantes a pesar de que a maioría aínda se están familiarizando posto que é a primeira vez que saen a navegar.

    Colaboración institucional

    A proposta destas dúas asociacións atopou o respaldo económico na Xunta de Galicia, concretamente no marco de colaboración establecido entre as direccións xerais de Benestar Social e de Deporte para favorece-la práctica deportiva de tódolos sectores de poboación.

    Ademais das persoas con diversidade funcional, dende a administración galega estanse a desenvolver programas deportivos dirixidos a outros colectivos con dificultades, como a terceira idade ou as persoas con lesións modulares.

    Entidades privadas

    Tamén o Club Náutico de Ribeira ten moito que dicir no apoio a esta iniciativa posto que tódalas actividades desenvólvense nas súas instalacións. Precisamente, a entidade deportiva acolleu o acto de formalización do convenio ó que asistiron diversas autoridades locais e autonómicas.

    Outras empresas privadas, como Serdeco, Congalsa ou Frinsa, tamén quixeron face-la súa aportación para desenvolver este programa que, a través da práctica deportiva, busca a integración real das persoas.

    Redacción Barbanza