O PP de Poio presenta o IV Congreso das Novas Xeracións

    novasxeracionscopy.jpgPOIO> A única candidatura á presidencia das Novas Xeracións de Poio foi a de Sonia Expósito, apoiada polo 95% dos afiliados da localidade.

    {flowplayer}PTAC_CONGRESO_NNXX_POIO.flv{/flowplayer}

    Esta mañá tivo lugar a presentación do cuarto congreso das novas xeracións do Partido Popular de Poio. O congreso celebrarase o vindeiro sábado 17 de setembro ás cinco da tarde no Casal de Ferreirós. Na presentación estiveron Sonia Expósito, Sonia Expósito, futura presidenta das Novas Xeracións de Poio, Diego Gago, presidente das novas xeracións de Pontevedra e a secretaria Xeral do PP en Pontevedra, Begoña Estévez.

    A única candidatura á presidencia das Novas Xeracións de Poio foi a de Sonia Expósito, apoiada polo 95% dos afiliados da localidade. Sonia, de 24 anos participou de número 10 na última lista electoral das municipais do PP en Poio e leva máis de 7 anos no partido.

    Un dos obxectivos do Congreso do sábado será o de preparar a campaña de cara ás furnas. Dende as Novas Xeracións aproveitaron para culpar ao presidente do governo de España da alta taxa de paro xuvenil.

    Pola súa banda, a secretaria xeral do PP en Pontevedra, adiantou que o principal promesa do partido será a creación de emprego para os mozos de España.

    Redacción Salnés