O BNG pide á Xunta que non legalice os depósitos de Ferrazo

    bng_ferrazocopy.jpgVILAGARCÍA> O fai despois de que a empresa Finsa- Foresa reiniciase os trámites para súa legalización antes do verán.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_CONTRA_DEPOSITOS_FERRAZO.flv{/flowplayer}

    O BNG presentou esta mañá ante o Parlamento de Galicia dúas proposicións non de lei en contra da actividade dos depósitos de Ferrazo, situados no porto de Vilagarcía. O fan despois de que a empresa Finsa- Foresa reiniciase os trámites para legalizalo seu funcionamento. O BNG asegura que hai dúas sentenzas do Tribunal Supremo e do Tribunal Superior de Galiza que recoñecen a súa ilegalidade.

    Ambas sentenzas recoñecen a ilegalidade destes depósitos ó non contar co informe de avaliación medioambiental. Por iso, unha das proposicións non de lei que presentou esta mañá o BNG está dirixida ó estado español de cara a que procedan á prohibición do transporte de materias perigosas na ría de Arousa e ó desmantelamento e traslado dos depósitos. A segunda das proposición está dirixida á Xunta de Galicia.

    E é que desde o BNG temen que a Xunta legalice a actividade de Finsa-Foresa xa que, aseguran, desde a súa instalacións nos anos noventa, o Partido Popular nunca se manifestou publicamente en contra da súa actividade.

    Así mesmo, tamén presentaron alegacións ó procedemento que se atopa aberto nestes momentos na Xunta argumentadas en base ó traballo que se desenvolve neses depósitos.

    Redacción Salnés