‘O que hai que facer é modificala ordenanza de recollida de lixo’

    psoe_sanxenxocopy.jpgSANXENXO> Así de contundente se amosou a líder do PSOE antes do pleno onde se debaterá o proxecto de licitación da recollida de lixo.

    {flowplayer}images/salnes/PSOE_SANXENXO_CONTRATO_LIXO.flv{/flowplayer}

    O PSOE de Sanxenxo demandará no pleno extraordinario do vindeiro luns a modificación da ordenanza de recollida de residuos sólidos urbanos. O farán xa que en dita sesión debaterase o proxecto de licitación da recollida de lixo. Desde as filas socialistas consideran prioritario a modificación dun novo documento antes de redactalo novo contrato.

    Segundo a voceira dos socialistas, Dulcinea Aguín, o único que se modificou desde que se aprobou a ordenanza de recollida de lixo no 2001 foi o custe por vivenda, que se viu incrementado. Por iso, reclaman a modificación do documento que debería contemplar, din, unha aposta clara pola recollida selectiva e a domicialiaria, bonificacións e a colocación de máis contedores nas zonas rurais.

    Así mesmo, os socialistas consideran que o concello debería apostar por unha xestión directa do servizo e non indirecta coma sucede nestes momentos.

    En canto ó borrador do contrato que se debaterá no pleno do vindeiro luns, a líder socialista asegura que é máis do que xa existía.

    Por último, Aguín criticou a postura do edil de medio ambiente, xa que antes de formar parte do bipartito apostaba, explicou, pola xestión indirecta e pola separación dos contratos de recollida de residuos e limpeza viaria.

    Redacción Salnés