Crisantemos, rosas e orquídeas: as máis vendidas no Mercado das Flores

    mercado_Florescopy.jpgVILAGARCÍA> Desde o sábado centos de persoas xa se achegaron ata a carpa instalada ó carón da Praza de Abastos para facelas súas compras.

    {flowplayer}images/salnes/MERCADO_FLORES_VILAGARCIA_2011.flv{/flowplayer}

    Como cada ano, e con motivo da celebración do Día de Tódolos Santos, Vilagarcía acolle o seu particular Mercado das Flores. Desde o sábado e ata mañá sete postos de floreiras ocupan a carpa instalada ó carón da Praza de Abastos.

    A finalidade deste mercado instalado ó carón da Praza de Abastos é, por unha banda, concentrala actividade e, por outro, incentivala ventas dos comerciantes de flores do mercado. Desde o sábado e ata mañá sete floreiras ofrecen os seus mellores produtos para o día de honrar ós nosos defuntos.

    Orquídeas, rosas, crisantemos ou margaridas seguen a ser as flores máis demandadas entre os clientes. E sobre todo, en forma de centros.

    Desde o sábado, centos de persoas xa pasaron por estas instalacións para mercalas súas flores. Por costume, por calidade ou por ser máis práctico son algunhas das razóns polas que os usuarios deste mercado decidiron achegarse ata aquí.

    Para os que aínda non mercaran as súas flores, mañá este Mercado das Flores de Vilagarcía abrirá por último día as súas portas.

    Redacción Salnés