![]()
SANXENXO> Unha veciña de Nantes, de 41 anos e un mozo de 27 natural de Baión, en Vilanova, resultaron feridos esta mañá nun accidente de tráfico …
… ocorrido arrededor das once e media no lugar de Buezas, en Nantes.
Segundo informa o Concello de Sanxenxo, o camión da firma Man e con matrícula 7735 CTL, que conducía R.N.A. colisionou frontalmente co Volkswagen Polo, matrícula PO-0404-BH no ía ó volante J.D.M. A consecuencia do sinistro, esta última tivo que ser excarcelada polo Servizo Local de Emerxencias ó quedar atrapada no interior do turismo.
Ambos conductores resultaron feridos, aínda que de diversa consideración, e tal e como informou o 061 foron trasladados en ambulancia medicalizada ó Hospital Montecelo, en Pontevedra. Ata o lugar do suceso desprazouse tamén a Policía Local de Sanxenxo.
Redacción Salnés









