Un ‘acto de loito’ polo xardín de Ravella

    protestaravella copia.jpgVILAGARCÍA> Este foi o nome que lle deu a Asociación pola Defensa do Patrimonio ó acto que celebraron diante de Ravella.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_ASOC_DEFENSA_PATRIMONIO.flv{/flowplayer}

    Ó redor de medio centenar de persoas participaron onte no acto reivindicativo polo xardín de Ravella convocado pola Asociación en Defensa do Patrimonio de Vilagarcía. O colectivo representou a ‘morte’ deste xardín histórico. Este ‘acto de loito’, coma o nomearon, tiña por obxectivo protestar polos cambios que o goberno anterior introduciu neste espazo coa execución do proxecto deseñado pola arquitecta Isabel Aguirre.

    Trala lectura dun manifesto, da man de Juan Carlos Porto, a música cobrou vital importancia nesta iniciativa. A actuación musical a cargo dun grupo de gaitas quixo polo toque folclórico a esta concentración e que se uniu o sentir de protesta e reivindicación.

    Ó remate, tódolos asistentes colgaron crespóns negros en sinal de loito polo xardín de Ravella. Ademais, entre outras cousas, o colectivo manifestou o seu desexo porque persoal do concello execute a reconstrución dos mesmos despois de que a Dirección Xeral de Patrimonio autorizase a súa reconstrución.

    Redacción Salnés