100 días de goberno ‘moi positivos’

    100diasfole copia.jpgVILAGARCÍA> Deste xeito, cualificou o alcalde da capital do Salnés, Tomás Fole, os primeiros cen días de goberno que se cumpren o luns.

    {flowplayer}images/salnes/100DIAS_GOBERNO_FOLE.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, xunto ó seu grupo de goberno, compareu para facer un balance dos seus primeiros cen días de mandato. Un período que cualificou como altamente positivo ó que contribuíu, asegurou, o traballo tanto do seu equipo coma dos traballadores do concello e a cidadanía en xeral.

    Entre outras cousas, Fole resaltou, dentro da súa xestión, a recuperación das relacións institucionais, a mellora da atención cidadá e o respecto ó principio de austeridade co que comezaron este mandato. En canto a proxectos pendentes, confesou que xa están traballando co do parque da Concha e o da Xunqueira, co do xardín de Ravella, e ca praza de abastos.

    Con todo, Fole recoñeceu que aínda queda moito por facer e por xestionar. Pero comprometeuse a cumprilos obxectivo que se marcaron antes de iniciala lexislatura.

    En canto ós orzamentos, o rexedor local asegurou que o departamento de intervención xa está traballando no Plan de saneamento financeiro e conxuntamente nun borrador para poder presentarllo canto antes ós grupos da oposición.

     

    Redacción Salnés