![]()
SALNÉS> Mentres tanto, a discreción do Ministerios de Asuntos Exteriores segue a ser total. Tampouco se coñece a ubicación do petroleiro.
Desde que a pasada madrugada do mércores un grupo de piratas armados secuestrase o petroleiro chipiotra ‘Mattheos I’ con 23 tripulantes a bordo, entre eles tres galegos, non se volveu a ter contacto con eles nin se sabe onde está o cargueiro.
Segundo a voceira de Consultora de Navegación é unha boa nova xa que este secuestro segue o patrón dos outros 19 que se produciron este ano e que remataron sen vítimas, nin feridos. De acontecer algo semellante, asegurou, o barco podería ser liberado o luns ou o martes.
Segundo, informou a axencia de novas EFE, os gobernos da zona, os países implicados e o ministerio de Asuntos Exteriores están axudando á navieira e intentando localizalo petroleiro. E engade que a Armada nixeriana xa enviou helicópteros para tratar de dar coa embarcación, aínda que, polo momento, sen éxito.
Mentres tanto, a discreción do Ministerios de Asuntos Exteriores segue a ser total.
Redacción Salnés









