![]()
PONTEVEDRA> A comitiva percorreu o treito entre a sé do Consello Regulador e o edificio da Xunta baixo o lema "Polo dereito a producir. Especulación non".
{flowplayer}images/salnes/PROTESTA_PREZOS_UVA.flv{/flowplayer}
Centos de viticultores e ó redor de vinte tractores tomaron esta mañá o centro de Pontevedra. Baixo o lema “Polo de dereito a producir, especulación non” percorreron durante preto de hora e media o treito que separa a sé do Consello Regulador da DO Rías Baixas en Mugartegui, e da Xunta en Pontevedra, para esixir medidas que solucionen a súa situación.
A marcha, que rexistrou a primeira tractorada realizada nas rúas de Pontevedra e obrigou a cortar o tráfico por varias rúas do centro da cidade, estivo organizada por Unións Agrarias. O sindicato volveu insistir nas tres reclamacións que levan esgrimindo dende o arranque das mobilizacións hai preto de dúas semanas.
As protestas dos manifestantes foron recollidas nun documento que se entregou no edificio da Xunta. Nel, o sector sinala á Consellería do Medio Rural como responsable directa da situación.
Ademais de continuar coas mobilizacións, o sindicato anunciou que, de non recibir resposta, tomarán medidas xudiciais.
Redacción Salnés










