Chega á Pobra unha nova edición do ‘Sons da Vila’

POBRA> O programa inclúe un total de 22 actuacións musicais en diversas prazas da vila ó longo dos meses de xullo, agosto e parte de setembro. A inicitiva está organizada pola concellería de Cultura en colaboración coa produtora Silencio Roto.

Esta mañá presentábase na Pobra unha nova edición do programa `Sons da Vila’. A proposta musical ten coma principal obxectivo animar as principais rúas e prazas da localidade durante este verán, nos meses de xullo, agosto e parte de setembro, ó tempo que se dá tamén promoción ós grupos e bandas locais. Prevense un total de 22 concertos.

A programación arrancará xa o vindeiro venres 2 de xullo coa actuación do grupo Versus na praza de Maura. A maioría dos concertos están programados para as nove da noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí