Jesu e Diego Blanco conducen ó Vilalonga ó seu primeiro triunfo

SALNÉS> Os de Gabi Leis abandonan o derradeiro posto da xeral logo de impoñerse ó Betanzos (2-0) na recta final do choque. Preocupante derrota do Sanxenxo que cae ó penúltimo posto da táboa logo de ser goleado en Cangas.

Unha de cal e outra de area para os conxuntos do Salnés na Terceira División. A boa nova deixounola o Vilalonga que acadou a primeira victoria da temporada ante o Betanzos. Nun partido igualado, Jesu desequilibou a balanza a dez minutos para o final ó transformar un libre directo dende a frontal. Xa na prolongación, Diego Blanco poría a sentencia co 2-0. Os de Gabi Leis abandonan así o derradeiro posto da xeral.

Preto del atópase o Sanxenxo, que é penúltimo logo de caer goleado por 4-0 no Morrazo. O Alondras tirou de efectividade e sentenciou o choque na primeira media hora con tres goles, dous deles de Fran Fandiño e outro de Outeiral. Jacobo poría o cuarto no treito final de encontro.

Un partido malo dos de Calucho que tentarán recuperarse o antes posible antes de recibir a vindeira semana en Baltar ó Vilalonga, no primeiro derbi do ano.

Redacción Salnés