Noia Histórica organiza a II edición da ‘Vai de Tapas’

    NOIA> Na cita, que se desenvolverá a vindeira fin de semana, os días 7, 8 e 9 de febreiro, tomarán parte uns 16 locais hostaleiros. O éxito da primeira edición celebrada o pasado ano, foi unha das principais razóns que levaron á patronal noiesa á volver a organizar esta cita gastronómica. A actividade desenvolverase a vindeira fin de semana, do 7 ó 9 de febreiro e nela tomarán parte un total de 16 locais hostaleiros da localidade que ofrecerán ós seus clientes distintas tapas elaboradas a un prezo de euro e medio. Haberá tamén outras actividades paralelas, entre elas un showcooking que terá lugar na praza de abastos no que participarán un total de oito cociñeiros que se encargarán de elaborar distintas tapas co produto estrela de Noia: o berberecho. Na iniciativa colaboran tamén diversas entidades, como é o caso da confraría de pescadores e a Asociación de Usuarios da Praza de Abastos, así como tamén o propio concello, que ve nesta actividade unha forma máis de promocionar a vila. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/31/presentacionvaidetapas300114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/31/presentacionvaidetapas300114.mp4{/flowplayer}