O Arosa intentará asaltar o play off xogando como local en Vilaxoán

VILAGARCÍA> As obras do campo da Lomba obrigan ao Arosa a xogar en Vilaxoán o vindeiro domingo. O San Martín cambia o seu encontro para facilitar o desprazamento do Barco de Valeorras, rival do equipo arosista. O mal tempo fai imprevisible poñer unha data á fin da mellora da gradas.

Outra semana máis o Arosa terá que desprazarse para xogar un partido como local. As obras da grada da Lomba continúan sen rematarse e os técnicos non consideran apropiado disputar un partido nesas condicións.

Na anterior ocasión o equipo arosista desprazouse a xogar o seu partido na Illa. Pero a carga de partidos do Salvador Otero fai imposible que se poda disputar alí o encontro. A alternativa chegoulle ao Arosa do seu veciño vilaxoanés. O San Martín cédelle o campo e modifica o seu partido para facilitar o desprazamento do Barco de Valdeorras.

Con todo, o presidente asume a culpa do club no retraso das obras. Xa que se aprazaron por mor do amigable que o Celta xogou en verán na Lomba.

Finalmente o partido disputarase o domingo ás 4 e media. Un partido importante contra un rival directo.

O san Martín xogará o seu partido o domingo pola mañá. Mentres o presidente agarda que este sexa o último partido que o arosa xogue fora do seu campo. Aínda que o mal tempo fai imposible poñer unha data á finalización das obras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí