![]()
MEAÑO> A de Cobas será a cuarta das Pousadas, un hotel-adega de luxo, que promoverá a riqueza vinícola de Meaño.
{flowplayer}images/salnes/POUSADA_MEANO.flv{/flowplayer}
O proxecto baséase na idea de turismo medioambiental, onde a paisaxe será a gran protagonista. Asi, , a parte superior da pousada estará formada por diferentes estancias en forma de caixas de vendimar, enfocadas a puntos claves da Ría. Tamén contará con tecnoloxía punta para garantir un bó aproveitamento da enerxía. O obxectivo é fomentar un turismo medioambiental e de calidade.
Ademais, o proxecto ten unha área de compromiso social, xa que estará especificamente deseñado para as persoas de mobilidade reducida, ou con algún tipo de discapacidade. Así, o hotel parte dunha estructura que garanta a comodidade destas persoas tanto no acceso l como nas diferentes estancias.
A pesares de tratarse de obras e terreos públicos, a xestión da Pousada será levada a cabo por unha empresa privada, a viguesa Oreco que obtivo a adxudicación mediante concurso.Despois da primeira pedra, está previsto que a rede de pousadas do Salnés comecen a funcionar a partires do vindeiro ano.
Redacción Salnés









