Bea Gondar refirese a emisión da serie “Fariña” na súa entrevista en Falemos

RIBADUMIA> Onte estivo en FALEMOS Alfredo Bea Gondar, ex alcalde do Grove e autor da denuncia que derivou no secuestro cautelar do libro “Fariña”, que repasa a historia do narcotráfico en Galicia. Nacho Carretero, autor do mesmo, asegura nunha das súas páxinas que o grovense fora condenado a catro anos de cadea por narcotráfico. Bea denunciou ao autor e á editorial por vulnerar o seu dereito á honra. Ademais de falar deste asunto, o grovense referiuse na súa entrevista con Marta Landeira, a inminente emisión da serie baseada no libro, que se emitirá esta noite nunha canle nacional en horaria de máxima audiencia.