![]()
VILAGARCIA> Trala valoración feita dos cen primeiros días de goberno no Concello de Vilagarcía por parte do Partido Popular agora é a oposición,..
{flowplayer}images/salnes/VALORACION_IVIL.flv{/flowplayer}
… concretamente IVIL, quen fai repaso do feito nesta primeira etapa. Como era de agardar, a perspectiva do partido que lidera Rivera Mallo é contraposta á do rexedor local. Para os Independentes vilagarciáns aínda é cedo para facer unha valoración da xestión feita polo goberno popular local.
Con todo, iniciativas como a perda de Albarousa, os despedimentos dos empregados de Fexdega, ou a continuidade dos problemas sanitarios e de servicios, tanto do Hospital Comarcal do Salnés como do centro de Saúde vilagarciá, entre outras cousas, dan boa mostra da incapacidade de actuar do actual goberno sen maioría absoluta.
Desde IVIL fan fincapé tamén na incapacidade de dialogar do alcalde Tomás Fole e do seu equipo, tanto cos veciños que adoecen dalgunha necesidade, como ca propia oposición, tal e como se puxo de manifesto no último pleno extraordinario solicitado polos catro grupos que completan a corporación; así como polas escasas e ambiguas tres respostas ás 25 preguntas formuladas polos independentes neste cento de días.
Redacción Salnés








