O Congreso de Ciencias do Deporte reunirá 400 persoas

 PONTEVEDRA> Hoxe foi presentado o Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Un evento que cumpre a súa novena edición e que se celebrará do 9 ó 11 de maio no Pazo da Cultura. Os organizadores calculan que participarán ó redor dunhas 400 persoas entre deportistas, estudantes, técnicos e adestradores.

{flowplayer}images/salnes/PtacCongresoDeporte_150413.flv{/flowplayer} 

Este congreso está organizado polo Vicerreitorado do Campus de Pontevedra e o departamento de Didácticas Específicas da Universidade de A Coruña. Dende o seu nacemento pretende favorecer a difusión de contidos científicos e técnicos relativos ó ámbito do deporte así como promover o intercambio de informacións entre profesionais nesta materia. Saúde, educación física, nutrición, mediciña ou psicoloxía serán algunhas das temáticas que se abordarán neste congreso, que contará con once conferencias.

Nas conferencias participarán entre outros o Secretario Xeral da Xunta para o Deporte, Xosé Ramón Lete, cunha charla sobre a dimesión económica do deporte ou o profesor Ángel Gutiérrez, membro da expedición do programa de Cuatro Desafío Himalaya, que falará sobre nutrición.

A maiores destas conferencias o congreso contará con doce cursos de especialización. Paralelamente cebrarase no Recinto Feiral o I Salón do Deporte, Saúde e Nutrición.

O prazo de inscrición está aberto ata o 3 de maio. Os prezos de matrícula oscilan entre os 100 e os 175 euros dependendo do número de cursos de especialización que se realicen.

Redacción Salnés