Os veciños denuncian a ilegalidade da planta de asfalto do Polígono

    vecinos_catoiracopy.jpgCATOIRA> Aseguran que a empresa xa está en plena actividade cando aínda non conta o informe de avaliación ambiental que ten que emitir a Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/PARQUE_EMPRESARIAL_CATOIRA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, un grupo de veciños de Catoira concentráronse no Polígono de Abalo para amosar o seu rexeitamento á planta de asfalto que se instalou fai unhas semanas neste complexo industrial.

    Aseguran que a empresa non dispón do informe de avaliación ambiental imprescindible para a solicitude da licenza de construción e inicio da actividade. Dito documento ten que ser ditaminado pola Consellería de Medio Ambiente. Pero aínda así, estes veciños confesan que as obras xa comezaron fai máis dun mes e que, nestes intres, están en plena actividade. 

    Ademais, os veciños consideran que os enganou xa que o 22 de marzo mantiveron unha xuntanza na que non foron informados deste requisito. E é que polo momento, a planta só conta co informe favorable do concello. Agora ábrese un prazo de vinte días para a presentación de alegacións.

    Despois, o informe será remitido polo concello á Consellería de Medio Ambiente para ditaminar favorablemente ou non o informe de avaliación ambiental.

    Mentres tanto, se non se paralizan as obras teñen previsto achegalo caso á Fiscalía. Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego mostrou todo o seu apoio a estes veciños ante o que definiron coma unha flagrante ilegalidade.

    Ó tempo, estes veciños, manifestaron que non se trata dun capricho senón de coñecer as repercusións que vai tela instalación desta planta de asfalto situada ó carón das súas vivendas.

    Ó respecto destas declaracións, o alcalde de Catoira, Alberto García, confirmou que a planta conta cunha orde de paralización da obra e que os traballos que están a realizar nestes intres son só a colocación das futuras instalacións.

    Asegurou que a empresa non poderá comezala actividade ata que non conte co informe favorable da Consellería e a correspondente licenza municipal de apertura.

    Redacción Salnés