José Cacabelos xa traballa no PXOM de O Grove e na eliminación dos radares

    O GROVE> O novo alcalde de O Grove xa traballa no seu despacho, e márcase as primeiras prioridades para o mandato. A principal será aprobar un PXOM de mínimos que se poida desenvolver a posteriori. Ademais, reuniuse coa empresa dos radares, para retiralos.

    Jose Cacabelos acaba de chegar a un cargo que non lle é estraño, xa que fora alcalde de O Grove entre 2007 e 2011. Con esa experiencia ao lombo, presume de ser, daquela, pioneiro en Galicia do que agora está tan de moda. Cacabelos foi o líder dun cuatripartito, pero este ano prometeu gobernar en solitario.

    A actividade está sendo frenética, dí, porque o verán bótase enriba. A súa primeira xuntanza foi coa empresa dos semáforos-radar, para pedirlle que os retire. Pero o punto forte do seu mandato ten claro que será conquerir un Plan Xeral de mínimos, no que xa traballa cunha idea clara.

    De momento, tamén se centra en coñecer, en profundidade, a situación económica do concello, e alerta de que hai moitas partidas en negativo. Sobre as liberacións, propón que o alcalde e un concelleiro cobren por traballar a tempo total, e outro edil teña unha liberación parcial.

    Cos trocos nas remuneracións dos edís, Cacabelos calcula aforrar uns 43.000 euros anuais con respecto ao tripartito.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/18/cacabelos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/18/entrevista_cacabelos.mp4{/flowplayer}