O anuncio da retirada das estacas dos parques enfronta a parquistas e Mar

    parquistas_carril copia100.jpgVILAGARCÍA> O presidente da Agrupación asegurou que non é certo que os paus dos parques afeen o entorno da praia de Compostela, senón que forman parte da realidade carrilexa.

    {flowplayer}images/salnes/ParquistasCarril.flv{/flowplayer}

    Despois das declaracións feitas pola Conselleira do Mar sobre a necesidade de retirar os paus que separan os parques de cultivo de Carril, os parquistas amosaron xa a súa decepción co ente autonómico e o seu rexeitamento a esta medida.

    José Luis Villanueva amosou tamén así a súa sorpresa por ter coñecido esta decisión da Consellería a través dos medios de comunicación, sen que dende a administración se puxeran en contacto con eles. Tamén dixo que a delimitación dos parques ten que facerse con elementos fixos e non considera viable empregar instrumentos electrónicos.

    Tamén quixo recordar Villanueva que destas concesións viven máis de 600 familias e que ademais son un exemplo a seguir de acuicultura sostible e economía sustentable. Ademais lonxe de supoñer un problema para o turismo, o presidente considérao un atractivo.

    Dende a Agrupación levarán a cabo unha reunión para tomar as medidas que consideren precisas ante esta situación.

    Redacción Salnés