Vilanova busca empresas interesadas na reforma ‘express’ da súa praza de abastos

VILANOVA> Vilanova saca a licitación a reforma da súa praza de abastos. O proxecto está valorado en case dous millóns de euros. Os prazos son moi axustados porque o seu financiamento depende dos fondos Next Generation. A empresa que queira levar a cabo a remodelación do mercado deberá tela lista en apenas seis meses. O concello teme que con tan pouco tempo ningunha empresa se presente. A súa intención é adxudica-la obra en decembro para que estea rematada en xuño do ano que vén.

Sobre o papel a cousa está clara, pero sobre o terreo non tanto. Porque Vilanova acaba de conseguir 1,9 millóns de euros dos fondos Next Generation para a reforma da súa praza de abastos. Pero ao ser fondos europeos os prazos están moi axustados.

Así que o concello teme que con tan pouco tempo para acometer un proxecto tan ambicioso, haxa empresas interesadas. O que si ten claro Gonzalo Durán é o alcance do proxecto que di “será un revulsivo para o mercado”. O máis destacado, a tranformación do seu primeiro andar nun espazo gastronómico.

Con esta reforma, ese segundo andar tería capacidade para 8 negocios, que sairán logo a concurso. Queren que ofrezan un produto variado.

Ademais, tamén se creará unha terraza, pensada para os meses do verán, e se renovará por completo a planta baixa, así como o seu exterior.