Sindicatos e Consellería contradinse respecto ó seguimento da folga

    12

    O SALNÉS> A folga do ensino convocada hoxe polos principais sindicatos tivo un seguimento do 70 % no global de Galicia segundo os…

    {flowplayer}images/salnes/folga_ensino.flv{/flowplayer}

    … organizadores, e de menos do 22% por parte da Consellería de Educación. As posturas encóntranse radicalmente opostas polo que a solución semella distinta. É o voceiro de Educación do Goberno Galego o que fixo unha valoración desta xornada de parón. As posturas son radicalmente contrapostas entre a Consellería e os sindicatos.

    Por unha banda, para o goberno galego esta medida vai a supoñer un incremento de ata 60.000 horas semanais para redestinalas, entre outras cousas, a unha mellor atención dos rapaces que van algo máis atrasados nas materias.

    En fronte, sindicatos como a CIG aseguran que se intenta dinamitar o funcionamento dos centros públicos en favor da ensinanza privada.

    Despois da primeira xornada de folga a finais de xuño e da de hoxe, amais da xornada de brazos caídos de onte, os sindicatos chaman a unha nova mobilización, cunha nova folga prevista para o próximo día 27 deste mes.

    Redacción Salnés

    COMPARTIR