Ronda Non criticou a decisión do alcalde Telmo Martin, de desconvocar a reunión coa plataforma

    A plataforma Ronda Non de Sanxenxo criticou duramente a decisión do Alcalde, Telmo Martin de desconvocar a reunión que daría a coñecer a súa posición sobre a alternativa ó trazado que os veciños ofreceron na primeira xuntanza. Segundo os veciños, esta decisión é o resultado da sua negativa de reunirse cos voceiros da oposición, tal e como demandaba a plataforma.

    Para a plataforma Ronda Non , o motivo de que o alcalde non se quera reunir coa oposición nesta segunda reunión responde o interese de marear os veciños. Para Ronda Non, a xuntanza entre tódolos representantes da oposición e os voceiros da plataforma sería unha aportación de ideas moi interesante.  

     

    Por último a plataforma lembra o grupo de goberno que seguirán utilizando tódolos recursos legais para que ó trazado da ronda incluida na modificación puntual número un do PXOM non se realice. Antes do catro de novembro presentarán as alegacións.

    Redacción Salnés