CATOIRA> Máis dun cento de veciños de Catoira maniféstase por unha sanidade de calidade. A veciñanza mobilizouse para reclamar que se cubran as baixas dos doutores e que o servizo de pediatría estea activo tódalas semanas. Temen que o Sergas peche o centro de saúde e que os recolocar en Vilagarcía.
O centro médico de Catoira conta cun equipo sanitario composto por cinco profesionais, dos cales dous son doutores. Un deles xubilouse este xoves e a veciñanza teme que non cubran a súa praza. Unha situación que segundo denuncia é común neste centro médico. Por iso máis dun cento de veciños mobilizouse diante do sanatorio.
Á falta dun doutor súmase que o pediatra non está dispoñible tódalas semanas. A veciñanza está farta desta situación.
Por iso piden que se cubran as baixas de tódolos facultativos para que se dote a Catoira dunha atención de calidade.
A veciñanza teme que o Sergas remate por pechar o centro.
Os veciños advirten que continuarán mobilizándose ata que o seu centro goce dunha atención sanitaria de calidade. O vindeiro día 12 terá unha reunión co xerente da área sanitaria de Pontevedra O Salnés.