RIBEIRA> Esta mañá era presentada en Ribeira unha nova acción solidaria a favor do Club de Remo Puebla, afectado tralo incendio que destruíu por completo a súa sede social.
A iniciativa, impulsada pola a Escola de Boxeo El Canario e o Club de Natación, en colaboración co Concello, terá lugar xa este vindeiro domingo 2 de febreiro, e consistirá nunha carreira e nunha andaina que se desenvolverán a partir das once da mañá dende a Fieiteira.
Dende o Club de Remo Puebla agradeceron esta mostra de solidariedade.
Dende a organización animan a participar na iniciativa. O custe das inscricións será de cinco euros a partir dos dez anos, que poderán realizarse o propio día, dende as nove e media da mañá ata momentos antes do inicio.











