O Céltiga lévase o derbi e o Arosa golea ó Pontevedra B

SALNÉS> A victoria no derbi da Prefrerente recaeu en mans dos da Illa que se impuxeron por 3-0. Ademais esta xornada, o Arosa goleou ó Pontevedra B (6-1) e o Ribadumia empatou ante o Alerta Travesas.

Xa é segundo o Céltiga tras superar con claridade ó Portonovo no derbi por 3-0. Os visitantes volveron ser víctima dos seus propios erros e por terceira vez en cinco xornadas remataron o partido en inferioridade numérica. O primeiro en marcharse á ducha foi Arias, ó comezo da segunda parte, logo dunha falta a Jacinto tras unha perda de balón. Por aquel entón xa mandaba o Céltiga no marcador grazas a un gol de Ferreiro no minuto 35.

O dominio dos locais no primeiro tempo foi claro pero o Portonovo, pese a estar con dez, dispuxo das súas opcións para empatar. O partido quedaría visto para sentencia a vinte minutos para o final co tanto de Eugenio, que significaba o 2-0. Pouco despois era Suso o expulsado con vermello directo tras protestar unha acción ó líña. Xa na prolongación, Nacho poría o definitivo 3-0.

Ninguén pensaba que o Arosa podía desfacerse con tanta facilidade do Pontevedra B. Set dos vilagarciáns (6-1) ó filial granate nun exercicio de perfecta intrepertración do contraatque por parte dos locais. Ós 6 minutos xa gañaban os da casa por 2-0 e ó descanso o marcador reflectía un contundente 5-0. A segunda parte sobrou. Alex Mañas, por dúas veces, Vixo, Josiño, Ricardo e Camiño anotaron os tantos dun Arosa que xa é terceiro.

Xusto por detrás na xeral permanece o Ribadumia que sumou un punto in extremis ante o Alerta Travesas. Fernando anotou de penalti o empate no minuto 90, logo dun partido de dominio visitante no que os locais moi ben organizados, foran que de adiantarse no inicio do segundo tempo. Os da Senra son xunto a Pontellas e Tomiño os únicos que non perderon aínda.

Redacción Salnés