O Rasoeiro presenta o seu campus de balonmán

rasoeiro250_180610.jpgGROVE> O XVII Campus de Balonmán Base do Rasoeiro celebrarase do 21 ó 28 de agosto, no centro de vacacións da Lanzada, como é habitual. Ofértanse 80 prazas e o prazo de inscripción ábrese o vindeiro martes.

{flowplayer}images/salnes/rasoeiro_180610.flv{/flowplayer} 

Con dous meses de antelación preséntase o Campus de Balonmán Base do Rasoeiro, que este ano celébrase a finais do mes de agosto, do 21 ó 28. Nesta 17ª edición ofértanse menos prazas que na pasada. Das 94, de 2009, pásase a 80 debido a diversos problemas xurdidos nas instalacións do Centro Vacacional da Lanzada. Iso non lle restará atractivo a un campus de referencia coma este, no que se pretende formar ós rapaces nos valores que ofrece o deporte. 

O campus conta coas axudas de Concello, Deputación, Amegrove e Froiz. Unha das grandes ausencias durante este verán será a do colectivo Érguete, históricamente vencellado á organización do evento.

O prazo para a inscripción ábrese o martes día 22. Deberase facer a través do correo electrónico www.rasoeiro.es. O prezo é de 185 euros, con rebaixa de 20 euros para os socios do Rasoeiro.

Redacción Salnés